viernes, 14 de mayo de 2010

Obradoiro de cestería

O xoves día 13 de maio puidemos desfrutar dunha xornada de aprendizaxe da arte da cestería. Foi grazas a Mª Carmen Ledo, que acudiu ao colexio para ensinarnos a súa labor como cesteira. Tamén nós fixemos pequenas cestas de bimbio. Aquí amosamosvos o noso traballo.
- Despois de preparar os materiais(bimbio e unha base de madeira), preparámonos para facer as nosas cestas.

- Fixémolas con moita atención e tamén axudamos aos nosos compañeiros e compañeiras cando foi preciso.

- A algún dábaselle moi ben!

E aquí está o resultado!

1 comentario:

  1. A nós gustounos moito a cesteria con Mari Carmen Ledo.

    ResponderEliminar