viernes, 14 de mayo de 2010

Obradoiro de cestería

O xoves día 13 de maio puidemos desfrutar dunha xornada de aprendizaxe da arte da cestería. Foi grazas a Mª Carmen Ledo, que acudiu ao colexio para ensinarnos a súa labor como cesteira. Tamén nós fixemos pequenas cestas de bimbio. Aquí amosamosvos o noso traballo.
- Despois de preparar os materiais(bimbio e unha base de madeira), preparámonos para facer as nosas cestas.

- Fixémolas con moita atención e tamén axudamos aos nosos compañeiros e compañeiras cando foi preciso.

- A algún dábaselle moi ben!

E aquí está o resultado!

Visita a Apípolis

O pasado 26 de marzo, os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Educación Primaria do noso colexio visitamos a granxa Apípolis. Está situada en San Andrés de Xeve, preto de Pontevedra. Apis- significa abella e polis- cidade; todo xunto significa cidade das abellas.
Se queres coñecer máis das abellas, preme no enlace da granxa http://www.apipolis.com/
Pasámolo moi ben e ademais foi moi educativo!. Aquí tedes algúns debuxos sobre o que fixemos alí




Letras Galegas 2010

Invitasmosvos a ver a estrea da nosa obra teatral "O tesouro de Uxío" o pasado martes 11 de maio na celebración do Día das Letras Galegas 2010, adicadas nesta ocasión a Uxío Novoneyra.

http://centros.edu.xunta.es/ceipmestrevalverdemayo/festas/letrasgalegas2010.htm

martes, 23 de febrero de 2010

jueves, 18 de febrero de 2010

A CABEZONADA

No Entroido disfrazámonos, xunto cos compañeiros de 3º, de deportistas olímpicos. Tivemos unha "CABEZONADA". Se queres ver a nosa actuación, preme no seguinte enlace:
http://centros.edu.xunta.es/ceipmestrevalverdemayo/festas/entroido10.htm

martes, 12 de enero de 2010

Como escribir un comentario

Para facer un comentario debes seguir uns pasos:

1. Eleximos a “entrada” sobre a que desexamos facer o comentario e clicamos onde indica o número de comentarios que ten.

2. Aparece a seguinte pantalla, na que podemos escribir no cadro de “PUBLICAR UN COMENTARIO DE LA ENTRADA”

3. Escribimos o noso comentario e eleximos “Comentar como: Nombre/URL”

4. Escribimos o nome e clicamos en “Continuar”

5. A continuación, prememos en “Vista previa” para ver como quedará o comentario.

6. Despois temos que escribir a palabra que apareza e clicar en “Publicar un comentario”

7. Por último, indícannos que o noso comentario se poderá ver despois da súa aprobación.

Agardamos que vos sexan de utilidade estas indicacións. Animádevos e escribide os vosos comentarios.